CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA

Un alalá no corazón da Alameda

Liñas de bus urbano

Zona Norte (entrada principal): Practicamente todas as liñas urbanas de bus teñen parada ou ben na praza de Galicia ou na rúa da Senra, a poucos metros da entrada principal do parque.

Praza de Galicia: L5, L6, L7, L13, L15, C5, C11, P3, P4, P6

Rúa da Senra: L1, L4, L8, L9, L12, P1, P2, P8.

As liñas C4 e C2 déixannos relativamente preto da zona oeste do parque. (zona Galeras, San Clemente)

+info: Tussa: Transporte urbano

Aparcadoiro

Interparking. Praza de Galicia, s/n, 15706. Aparcadoiro de San Clemente. Avenida Rodrigo de Padrón s/n.

Parking a Catedral. Rúa Galeras, 1.

O Campus Sur é un bo lugar para deixar o coche as fins de semana.

Coordenadas: 42°52′40″N 8°32′54″O

Google Maps

Accesos dispoñibles

Recoméndase a entrada norte (Porta Faxeira) e oeste (zona rúa do Pombal), ambas sen escaleiras.

Orixes

A historia destes xardíns comeza en 1789. A Revolución Francesa impulsa os gustos burgueses, que mudarán para sempre as cidades e os seus xardíns. É daquela cando as plantas ornamentais chegan ás clases populares e testos e flores comezan a adornar as casas.

Que ver?

A Alameda merece un percorrido pausado, durante o que ir descubrindo, exemplar tras exemplar e en contraste, toda a riqueza do seu patrimonio botánico e cultural.

Paseo da Ferradura: O xardín botánico de Compostela

Organizado en paseos e temas, A Ferradura arranca e desemboca no Paseo Central e rodea todo o parque. Posúe un miradoiro no extremo sur, que comunica cos xardíns da cidade universitaria.

Guía de árbores da Alameda

Fauna: Os paxaros da Alameda

Ferreiriño negro, real, azul, rabilongo, gabeador común, pimpín, xirín, estreliña riscada, paporrubio, merlo, pombas, corvos e pegas son algúns dos paxaros que viven e se alimentan das árbores da Alameda, ademais dos patos e as pombas do Estanque de Méndez Núñez.

O carballo é fogar dunha gran variedade de insectos, pequenos mamíferos e aves. Tamén hai bastantes exemplares de árbores de flor grande, entre eles os magnolios, especialmente atractivos para as abellas e as bolboretas.

Por tanto, non imos atopar especies exóticas nin animais grandes, tratándose dun parque urbano, pero si unha infinidade de pequenas ou medianas aves e insectos non menos interesantes para observadores e amantes da natureza.

Alameda Ferradura

Que facer?

O parque é ideal tanto para o paseo como para facer excursións con nenos. Sentar nun banco sen máis e contemplar xente e natureza pode ser o mellor plan. Transitado pero á vez o suficientemente amplo como para estar ás nosas anchas, no parque conviven deportistas, estudantes e paseantes de todas as idades.

Cafetería na Alameda
Ir al contenido