Boletus aereus

Nome Común: Andoa negra

Nome científico: Boletus aereus

Sabías que?

Gústalle a luz, polo que se pode ver con facilidade. Con frecuencia aparecen varios exemplares xuntos en terreos despexados.

Descrición

O seu sombreiro, de ata 20 cm, é carnoso e con forma hemisférica cando é novo, despois vólvese carnoso. Ten unha cutícula lisa, de cor parda escura, en ocasións case negra. O seu tacto é aveludado e vaise facendo máis áspero segundo envellece. A carne é grosa, compacta, de cor branca e con olor e sabor moi agradables. No himenio, os tubos son longos, libres ou adiantados sobre o pé. Teñen cor branca que pasa a amarelenta e acaba sendo verdosa. O pé, na súa primeira etapa, é moi robusto e macizo e móstrase engrosado na base, adoptando posteriormente unha forma cilíndrica. A cor é ocre, moito máis pálida que o sombreiro e posúe unha retícula moi fina que pode chegar a abarcar os dous terzos superiores do pé.

Ecoloxía

Crece cerca de árbores de folla caduca, en bosques de castiñeiros, faiais ou carballeiras, pero tamén pode saír onde hai aciñeiras e sobreiras. A súa tempada é o verán e o outono.

Usos

Culinario: comestible excelente. A carne deste cogomelo tarda en abrandarse e grazas a iso ten unha textura boa para poder traballala na cociña. É moi versátil xa que pode desecarse para un consumo futuro.

Ir al contenido