Coprinus comatus

Nome Común: Barbuda / Matacandil

Nome científico: Coprinus Comatus

Sabías que?

Ao licuarse, convértese nunha especie de «tinta». Cando os nazis descubriron esta calidade na Segunda Guerra Mundial aplicárona nos seus servizos de intelixencia e segredos, para verificar a autenticidade dos documentos.

Descrición

Cogomelo de cor branca cun sombreiro ovoide nos exemplares novos que despois se vai abrindo e tomando forma acampanada. Ten abundantes escamas pardas ou flocos, que lle confiren un aspecto de la. As súas láminas son libres e delgadas, de cor branca cando son novas, logo rosadas e finalmente negras, como se chorreasen tinta. O pé é longo e pode chegar aos 15 cm, esvelto, cilíndrico, oco e separable. Ten un anel branco, pouco visible, estreito, móbil e moi fráxil, coma todo o cogomelo. A súa carne é tamén branca, de cheiro suave, e desfaise rapidamente, licuándose nunha especie de tinta negra, polo cal debe ser consumida o mesmo día da recolección.

Ecoloxía

Crece en zonas abertas, pradarías, bordos de camiños, ou baixo árbores de ribeira. Adopta saír en colonias numerosas. Pode cultivarse. Se temos coñecemento de que os campos ou camiños nos que está foron tratados non debemos collelas xa que absorbe metais pesados. Pode ser confundida coa Coprinus atramentarius. Esta última é tóxica se se consome con alcol e provoca que a cara, o pescozo e as extremidades se poñan coloradas ademais de angustia respiratoria, aínda que se se consome sen beber alcol é unha boa especie.

Usos

Culinario: Ten un delicado sabor e á prancha sería unha boa maneira de cociñala. Refúgase o pé e os exemplares que empezan a mourear. Medicinal: Debido á súa composición, ten propiedades terapéuticas sobre o sistema dixestivo e hepatobiliar, serve de apoio no tratamento das infeccións por fungos ou bacterias e tamén achega beneficios sobre o sistema respiratorio.

Ir al contenido