Etapa 4 Monte Pedroso-Monte Vidán

XIROS DE COMPOSTELA

Mergúllate  no tramo máis verde do Xiro: natureza e tradición da man.

Partimos do monte Pedroso a 461 metros sobre o nivel do mar, unha altura que permite perder a nosa mirada no horizonte nunha das mellores panorámicas da cidade, chea de matices a calquera hora e especialmente á tardiña, cando os últimos raios de sol se reflicten sobre a catedral. Si diriximos a nosa mirada ao noreste, veremos o Monte Pedra Castro.

Baixaremos pola ladeira deste gran pulmón verde de Santiago, de 106 hectáreas de superficie, catalogado como área de especial interese paisaxístico, cara á Granxa do Xesto.

Polo camiño poderemos gozar de árbores centenarias, do canto dos paxaros e do cheiro a natureza ata chegar finalmente á súa bela fonte de pedra, unha parada perfecta para refrescármonos e facer un alto no camiño mentres gozamos do son da auga.

Tras atravesar a estrada de Figueiras colleremos un carreiro rumbo a Bar, tranquila aldea coas súas casas de pedra, coa súa fonte e lavadoiro.

Desde Bar partimos por unha estreita senda ata confluír co Camiño de Fisterra, que seguiremos ata chegar ao miradoiro de Vidán, onde poderemos sentar nos seus bancos para gozar da fermosa panorámica antes de decidir se continuamos ou non coa seguinte etapa, rumbo ao monte de Conxo.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-4.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 3,5km

Tempo estimado: 1h

Desnivel de subida: 52m

Desnivel de baixada: -293m

Tipo de percorrido: travesía

Como chegar

Monte Pedroso

Inicio da etapa: coordenadas

Granxa do Xesto

Líña 9: Cidade da Cultura / Multiusos / Viso / Casas Novas. Parada: Casas Novas

Accesos dispoñibles

En coche: tómase a estrada do Pedroso ata chegar ao cumio. Inicio etapa 4.

Camiñando: pódese subir ata o cumio a través da “Granxa do Xesto” 

Coordenadas: 42.89341228497204, -8.56072868550042.

E preto tamén podes ver

Petróglifo no Monte Pedroso

Petróglifo Pedroso

Situado ao comezo da etapa sitúase esta estación de arte rupestre da idade de bronce.

Punto de difícil acceso

Coordenadas 

Lavadoiro de Bar

Lavadoiro de Bar

Situado no lugar Bar de Arriba.

Antigo manancial de augas ferruginosas, a piques de converterse en espazo termal no ano 1840.

Coordenadas

Tamén che pode interesar

UN PERCORRIDO DE ALTURA POLO SANTIAGO MÁIS VERDE

Santiago é cidade monumental, cidade histórica… pero tamén unha cidade “verde”, a cidade con máis espazos verdes de Galicia, contando con máis de 2.500.00 m².

Cos seus máis de 24 m² de zonas verdes por habitante, duplica as recomendacións establecidas pola Organización Mundial da Saúde de unha cociente de 10-15 m²/ habitante.

Entre as zonas verdes compostelás, o Monte Pedroso, monte emblemático, ocupa un lugar privilexiado. Situado a poñente, tras el escóndese o sol para perderse no horizonte.

Con 461 m de altura, desde el podemos gozar dunha das mellores panorámicas da cidade e dos vales que lle circundan, ata onde o vista alcance…

Espazo de entretemento con múltiples posibilidades, desde un tranquilo paseo entre as súas árbores centenarias que convidan á paz, ao acougo e a gozar dese efecto restaurador que nos proporciona a natureza, mellorando o noso estado anímico e mental, tamén lugar idóneo para a práctica de deportes: yogging, ciclismo….

Todo iso sen esquecernos do Pedroso prehistórico, cos seus Petróglifos diseminados ao longo das súas ladeiras: espirais, círculos concéntricos impresos na roca granítica, legados da Idade de Bronce, enigmáticos testemuños do pasado para descifrar…

Link to: Etapa4-Monte PedrosoLink to: Etapa 4 – Monte PedrosoLink to: Etapa 4 – Selva NegraLink to: Etapa 4 – Monte Pedroso
Ir al contenido