Etapa 2 Monte do Gozo – Monte de Deus

XIROS DE COMPOSTELA

Esta etapa, a máis longa do Xiro, con 6,6 km de percorrido, parte dunha zona transitada pola peregrinación do Camiño Francés e termina cunhas espectaculares vistas panorámicas pouco coñecidas da cidade no miradoiro do Monte de Deus.

Partimos da pintoresca capela de San Marcos no monte do Gozo, testemuña do paso de peregrinación durante séculos, para seguir pola travesa de San Marcos e penetrarmos no Santiago rural despois de cruzar a antiga estrada de Lavacolla.

Un camiño e un espazo de transición entre a realidade urbana e o campo que nos permite desacelerar, contemplar os prados e a posibilidade de ver aínda algún gando alleo á realidade urbana que o rodea.

Atravesaremos os túneles da autoestrada e do ferrocarril -entre ambos vainos acompañar o son da auga- e así continuaremos o noso camiño cara á avenida de Amio para poñer rumbo a Meixonfrío polo paseo peonil da avenida de Asturias.

Xa en Meixonfrío, á nosa dereita poderemos observar o Pozo da Neve, lugar pouco coñecido e mostra do enxeño humano. Nese pozo almacenábase a neve para a conservación dos alimentos naqueles tempos en que aínda non existían frigoríficos.

Desde a rúa do Tambre continuaremos cara ao parque de Salgueiriños, un novo fito verde no camiño, para dirixirnos ata o punto máis alto da rúa do Río e tomar unha pista forestal pola que aos poucos a iremos gozando dunhas estupendas vistas camiño do noso destino final: o Monte de Deus.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-2.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 6,663 km.

Tempo estimado: 2h. 5´

Desnivel de subida: 328 m.

Desnivel de baixada: -371 m.

Tipo de percorrido: travesía

Como chegar

Monte Gozo

Inicio da etapa: coordenadas

San Marcos
Liña 6: San Marcos  / Os Tilos. Parada: San Marcos

Aríns
Liña 7: Rúa Valle Inclán / Sar / Aríns. Parada: Aríns

En datas especiais, como cando hai concertos e festivais, é habitual contar coun servizo extraordinario de autobuses lanzadeira.

Accesos dispoñibles

O acceso á capela de San Marcos:

Se estás realizando o Camino de Santiago, a pé de ruta.

Se vés desde San Lázaro, pola estrada N-634 e pola Rúa do Gozo.

E preto tamén podes ver

Esculturas de José Cao
Conxunto de San Marcos
Cruceiro de Amio

Cruceiro de Amio

Cruceiro de tipo crucifixo, moi estilizado, de fuste cilíndrico, apoiado nun pedestal. Cruz cilíndrica con tala da Virxe e Cristo

Coordenadas

Escola Unitaria de Amio
Ponte Mantible

Ponte Mantible

Elemento da primitiva rede de abastecemento de auga potable. A arqueta próxima, usábase para o mantemento do sistema municipal de augas

Coordenadas

Tamén che pode interesar

Lendas do pasado

Deixamos atrás o monte do Gozo, desde onde se pode albiscar a Catedral. Unha paraxe que reborda beleza e atractivos para disfrutar dunha vista sosegada de outros vales e montes de Santiago, un cinto verde que parece unha continuación do propio monte conformado por máis de 60 hectáreas.

Descubriremos lendas como a da Capela de San Marcos, peregrino ao que enganaron e nunca chegou á catedral; tamén nos achegaremos a outros momentos do pasado, como á historia do Pozo da Neve, antigo Castro na Idade de Bronce, e que poderemos coñecer máis adiante.

Link to: Etapa 2 – Lenda San MarcosLink to: Etapa 2 – Lenda San MarcosLink to: Etapa 2 – Pozo da NeveLink to: Etapa 2 – Pozo da Neve
Ir al contenido