Etapa 1 Monte do Viso – Monte do Gozo

XIROS DE COMPOSTELA

Desde o alto do monte do Viso, fabulosa atalaia para admirar Santiago e a súa paisaxe circundante ata o monte do Gozo, onde os peregrinos divisan por primeira vez as torres da catedral, un percorrido polo Santiago máis verde e auténtico.

Emprendemos este singular percorrido desde o alto do Viso, baixando pola súa ladeira e deleitándonos coa impresionante paisaxe que se abre ante os nosos ollos para encamiñarnos cara a Aríns, chegando á aldea de Lobio, enclave de alto valor etnográfico onde se pode admirar o pasado desa Galicia que aínda sobrevive entre o gris da pedra e o verde da vexetación. Avanzamos, iniciando o ascenso ata o destino final por un camiño envolto por abundante arborado nunha contorna que convida á paz e ao recollemento. Chegamos así ao parque do monte do Gozo, onde nos atopamos o monumento ao peregrino, cuxo miradoiro nos permite recrear a sensación que dá a quen fai o Camiño contemplar por primeira vez as torres da catedral, para concluír na ermida de San Marcos.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-1.gpx

Dificultade

Distancia horizontal:  4,570km

Tempo estimado:  1h 20´

Desnivel de subida:  185m

Desnivel de baixada: -214m

Tipo de percorrido:  Travesía

Como chegar

Monte Viso

Inicio da etapa: coordenadas

Liña 9: Casas Novas / Viso / Multiusos / Cidade da Cultura. Parada: Cidade da Cultura.

Liña 7: Rúa Valle Inclán / Sar / Aríns. Parada: Sanxuás.

Accesos dispoñibles

Por Viso

Desde a Cidade da Cultura

Desde Aríns, por Sanxuás

E preto tamén podes ver

Fonte e lavadoiro de Sanxuás de Arriba

Fonte e lavadoiro de Sanxuás de Arriba

Construción situada ao aire libre, tradicionalmente situábanse á beira dos ríos. Creadas para o lavado de roupa a man ou para dar de beber ao gando.

Coordenadas

Carballeira próxima a Monte do Gozo

Carballeira subindo a Monte do Gozo

É un espazo sensible, natural e cheo de riquezas. Os carballos controlan a humidade. Serven como refuxio a gran variedade de especies de flora, fauna e fungos.

Coordenadas

Rego de Aríns

Rego de Aríns

Río nacente en Bando (Santiago de Compostela), percorrendo a cidade por uns 7,5 quilómetros de norte a sur. Para desembocar no río Ulla. Cambiando de nome ao pasar por cada parroquía.

Coordenadas

Igrexa de Santa Eulalia de Bando

Igrexa de Santa Eulalia de Bando

É unha igrexa parroquial realizada en mampostería, con forma rectangular e cuberta a dúas augas. Na súa fachada pódese apreciar un campanario, e na parte superior unha cruz.

Coordenadas

Muíño de Lobio

Muíño de Lobio

Feito de pedra e situado ás beiras do río Aríns, utilizábanse desde a época castrexa, antes da romanización. Cunha peza de pedra fixa e outra móbil mediante o seu uso podíase triturar centeo, trigo, etc.

Coordenadas

Tamén che pode interesar

Historias do Santiago tradicional, a malla .

A Sociedade galega, ata a primeira metade do século XX, Galicia era un espazo eminentemente rural, no que as cidades eran a excepción. Unha abafadora maioría, arredor do 86% da poboación activa, traballaba no sector agrario e vivía no campo.

O sistema agrario tradicional caracterizábase polo aproveitamento máximo dos recursos naturais, cunha importante vinculación e dependencia do medio. Muíños, canles, animais, carros… eran protagonistas habituais dunha sociedade, onde todo viraba ao redor da terra e os seus recursos.

Este tramo da ruta transcorre por Aríns, parroquia que aínda conserva o sabor tradicional, cos seus campos e hortos cultivados nun val sucado polo rego de Aríns que cambia o seu nome polo de Santa Lucía ao seu paso por este lugar. Paseando polo val, lembramos algunha das tradicións deste pasado vinculado á terra, ao mundo agrícola, como a malla, presente en calquera lugar da xeografía galega, onde o traballo e a festa ían da man.

Follow a manual added linkFollow a manual added linkLink to: Etapa 1 – Facendo o palleiroLink to: Etapa 1 – Facendo o palleiro
Ir al contenido