BOSQUE DO BANQUETE DE CONXO

Se as árbores deste espectacular sitio puidesen falar, !terían moito que dicir!

Liñas de bus urbano

Liña 5: Vite / Estación de autobuses / Conxo / Rocha. Parada: Conxo.

Liña 12: Los Tilos / Hospitales. Parada: Hospital Provincial.

Liña C2: Estación de autobuses / Fontiñas / Hospitales / Vite / Estación de autobuses. Parada: Hospital Provincial.

Liña C4: Estación de autobuses / Vite / Hospitales /As Fontiñas / Estación de autobuses. Parada: Hospital Provincial.

+info: Tussa: Transporte urbano

Aparcadoiro dispoñible

Aparcadoiro municipal Avenida de Ferrol: Conta con 82 prazas, 4 delas para persoas con mobilidade reducida.

Coordenadas: 42.8645709, -8.5552631

Google Maps

Accesos dispoñibles

Ao lugar pódese acceder polo carreiro do Sar, ao que se entra dende a Fervenza, xunto ao campo de fútbol de Conxo, dende Pontepereda (monumento al Banquete de Conxo) ou tamén dende o Hospital de Conxo.
O Hospital Provincial está a 369 m de distancia, 5 minutos andando

DESCRICIÓN

O barrio de Conxo, situado ao sur da cidade, conserva moitas historias, tradicións e edificios que, por si sós, ben merecen unha visita. Pero tamén conta con xoias do patrimonio natural, como este bosque do Banquete de Conxo, onde se celebrou esta histórica reunión e que se atopa situado detrás do mosteiro de Santa María de Conxo.

O obradoiro de emprego “Ecotur Xuvenil III”, do Concello de Santiago, permitiu recuperar no ano 2018 este espazo de beleza natural, acondicionándoo totalmente para a súa visita e xerando un paseo continuo á beira do río Sar que une o barrio de Conxo co de Sar.

Historia

O Banquete de Conxo foi unha reunión de confraternización entre estudantes, obreiros e artesáns que, baixo o lema “Orde e fraternidade”, tivo lugar o 2 de marzo de 1856, coincidindo co décimo aniversario dos mártires de Carral. Xurdido por iniciativa principalmente de Aurelio Aguirre, pénsase que se realizou na zona do Belvedere, á beira do río Sar, nunha carballeira situada detrás do mosteiro de Santa María de Conxo.

Considerado un dos acontecementos fundacionais do galeguismo, este acto xerou moito balbordo entre as clases máis altas de Compostela dende o mesmo momento en que se anunciou. De cada oficio asistiron dous obreiros e un patrón, todos convidados por estudantes da Universidade de Santiago. Estes últimos foron vestidos de frac e encargáronse de servir a comida aos traballadores, xesto que as autoridades interpretaron como unha provocación -os estudantes eran considerados clase alta-, o que motivou que a carballeira fose tomada polo exército e o xantar se celebrase cos comensais rodeados de soldados por medo a unha insurrección.

Panorámica do Banquete de Conxo

Que ver?

NATURALEZA

En este paraje natural destacan algunos ejemplares de carballos o robles (Quercus robur) a pie del río Sar, testigos silenciosos del acontecimiento histórico que se dio en este lugar y que han resistido el paso del tiempo. Los carballos más grandes y viejos del bosque pueden llegar a medir 30 metros de altura y 3 metros de diámetro y tener unos 150 años de antigüedad. Se encuentran en mayor cantidad cerca del río, en una franja entre la vía férrea y el lecho del río y a los lados de los caminos.

PATRIMONIO CULTURAL

O río Sar, ao seu paso por este tramo, discorre baixo unha ponte de pedra que posúe unha reixa decorativa de ferro forxado a ambos os dous lados e que tamén inclúe un ceador que actúa a modo de teito.
Dende o ano 2019, presidindo o bosque, atopamos un gran mosaico homenaxe ao Banquete de Conxo, obra dos artistas Pancho Lapeña e Antón Pascual.

Recuperada no ano 2018, a histórica Fonte da Virxe da Cuncha, documentada dende o ano 1637 por Tirso de Molina, foi un lugar de devoción secular e crese que  a orixe do barrio de Conxo. Ten, ademais, moita relación co Camiño de Santiago, sobre todo co Camiño Portugués, xa que as peregrinas e os peregrinos saían de Santiago por Conxo para dirixirse cara ás zonas marítimas e abandonar Galicia despois da súa peregrinación. A fonte é a orixinal, cun manancial situado a 3 metros baixo terra (o único que non se mantén da fonte orixinal son dous arcos do século XII, que foron recolocados no mosteiro de Conxo, de onde procedían).

Que facer?

Contorna idílica para as persoas amantes do patrimonio natural e cultural, no bosque do Banquete de Conxo podes pasear, practicar deporte, facer un pícnic no seu merendeiro ou simplemente descansar mentres respiras aire fresco.

Ademáis, tamén contas con varias instalacións próximas onde levar a cabo diferentes actividades:

  • O Centro Sociocultural de Aurelio Aguirre, cunha ampla e diversa oferta de actividades para todas as idades. Dentro da súa programación sociocultural destacan eventos como a Semana Cultural de Conxo ou a propia celebración do Banquete de Conxo.
  • O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNT), con actividades formativas, divulgativas e sensibilizadoras no campo das novas tecnoloxías.
  • E tamén bares e restaurantes, onde tomar algo e pasar un intre agradable.

Ir al contenido